Piper Laurie
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Rosetta Jacobs 22 de xaneiro de 1932 Detroit, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de outubro de 2023 (91 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | Art Students League of New York (pt) Los Angeles High School (en) Hollywood Professional School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz de televisión, directora de cinema, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1950 - 2023 |
Familia | |
Cónxuxe | Joe Morgenstern (1962–1982), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Babepedia >>>:Piper Laurie |
|
Rosetta Jacobs, nada en Detroit (Míchigan) o 22 de xaneiro de 1932 e finada nos Ánxeles o 14 de outubro de 2023,[1] foi unha actriz estadounidense, coñecida como Piper Laurie. É célebre polos seus papeis nos filmes O buscavidas (1961), Carrie (1976) e Fillos dun deus menor (1986), polos que recibiu candidaturas ao Óscar. Tamén é coñecida pola súa interpretación de Kirsten Arnesen no produción televisiva Days of Wine and Roses e de Catherine Martell na serie Twin Peaks.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Laurie era un inmigrante polaco que se dedicaba á venda de mobles.[2] A súa nai era estadounidense de orixe rusa.[3][4][5] Cando tiña seis anos, a familia trasladouse aos Ánxeles. Laurie era unha nena guapa cunha rechamante cabeleira rubia, mais era moi tímida. Por iso, os seus pais enviárona a clases de dicción e co tampo foi tamén a clases de interpretación nunha escola local.
Cando Laurie cumpriu dezasete anos, os Universal Studios fixáronse nela e asinaron un contrato.[3] Nese momento adoptou o seu nome artístico. En 1950 foi seleccionada para o seu primeiro filme, Louisa, en que coincidiu con Ronald Reagan, co que tivo varias citas antes de que el casase con Nancy Davis. Na autobiografía de Laurie, Learning to Live Out Loud, conta que verdeu a súa virxindade con el.[6] Pouco despois actuou no seu segundo filme, desta vez con Tony Curtis, co que apareceu en varios filmes posteriores. O estudio encadrou a Laurie no papel de moza atractiva, inxenua e con pouca cabeza e non lle ofrecían papeis en que puidses amosar os seus dotes interpretativos. Aínda que cunha paga semanal de dous mil dólares, Laurie estaba moi ben retribuída, finalmente cansou e comunicou ao seu axente que abandonaba o seu traballo na Universal, sen importarlle as consecuencias.
En 1952 acababa de cumprir vinte anos cando se realizou o primeiro concurso de Miss Universo, e ela foi quen coroou a gañadora, a finlandesa Armi Kuusela. Foi escollida por ser a icona da beleza do momento.
Finalmente, Laurie puido marchar sen maiores inconvenientes e trasladouse a Nova York para reiniciar os seus estudos de interpretación.[7] Ao mesmo tempo, actuou en programas de televisión en directo. En 1957 recibiu unha oferta interesante para un filme, o que a levou novamente ao cinema. A súa verdadeira oportunidade xurdiu en 1961 cando interpretou a amiga discapacitada de Paul Newman en O buscavidas, polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. Nesa época casou e cando non recibía ofertas interesantes retirábase á súa casa de Woodstock, preto de Nova York, onde se dedicaba ás tarefas domésticas e á súa filla.
En 1965 interpretou a Laura na montaxe de The Glass Menagerie de Tennessee Williams en Nova York, compartindo cartel con Maureen Stapleton.[8] Tamén comezou a volver aparecer na televisión e foi aceptando ao longo das seguintes décadas un número crecente de papeis en telefilmes e miniseries.
En 1976 Laurie aceptou un papel no filme Carrie, protagonizado por Sissy Spacek. Nel encarnou á nai relixiosa e excéntrica dunha moza tímida e con problemas psíquicos. Pola súa interpretación obtivo a segunda candidatura ao Oscar e relanzou a súa carreira.[9] A terceira conseguiuna en 1986 polo seu papel de nai dunha moza xorda en Fillos dun deus menor.[10] O mesmo ano gañou un Emmy pola súa interpretación no telefilme Promise, con James Garner.[11]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1950 | Louisa | Cathy Norton | |
The Milkman | Chris Abbott | ||
1951 | Francis Goes to the Races | Frances Travers | |
The Prince Who Was a Thief | Tina | ||
1952 | Has Anybody Seen My Gal? | Millicent Blaisdell | |
Son of Ali Baba | Princess Azura of Fez / Kiki | ||
No Room for the Groom | Lee Kingshead | ||
1953 | The Golden Blade | Khairuzan | |
The Mississippi Gambler | Angelique "Leia" Dureau | ||
1954 | Johnny Dark | Liz Fielding | |
Dangerous Mission | Louise Graham | ||
Dawn at Socorro | Dance Hall Girl | ||
1955 | Ain't Misbehavin' | Sarah Bernhardt Hatfield | |
Smoke Signal | Laura Evans | ||
1957 | Until They Sail | Delia Leslie Friskett | |
1961 | O buscavidas | Sarah Packard | Candidata ao Oscar á mellor actriz Candidata ao BAFTA á mellor actriz Candidata ao premio Laurel ás mellores interpretacións dramáticas (2.ª) Candidata ao New York Film Critics Circle Award á mellor actriz (3.ª) |
1976 | Carrie | Margaret White | Candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria |
1977 | Ruby | Ruby Claire | |
1978 | Rainbow | Ethel Gumm | |
1979 | Tim | Mary Horton | |
1981 | The Bunker | Magda Goebbels | |
1985 | Return to Oz | Aunt Em | |
1986 | Fillos dun deus menor | Mrs. Norman | Candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria |
Promise | Annie Gilbert | Telefilme Emmy á mellor actriz secundaria en miniserie e telefilme Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria en serie, miniserie ou telefilme | |
1988 | Appointment with Death | Emily Boynton | |
Tiger Warsaw | Frances Warsaw | ||
1989 | Dream a Little Dream | Gena Ettinger | |
1991 | Other People's Money | Bea Sullivan | |
1992 | Storyville | Constance Fowler | |
1993 | Wrestling Ernest Hemingway | Georgia | |
Trauma | Adriana Petrescu | ||
Lies and Lullabies | Margaret Kinsey | Telefilme | |
1995 | The Grass Harp | Dolly Talbo | Southeastern Film Critics Association Award á mellor actriz secundaria |
Fighting For My Daughter | Judge Edna Burton | Telefilme | |
1997 | A Christmas Memory | Jennie | |
1998 | The Faculty | Mrs. Olson | |
2004 | Eulogy | Charlotte Collins | |
2007 | Hounddog | Grammie | |
2009 | Another Harvest Moon | June | |
2010 | Hesher | Madeleine Forney | |
2018 | White Boy Rick | Vera Wershe |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barnes, Mike (14 de outubro de 2023). "Piper Laurie, Actress in 'The Hustler,' 'Carrie' and 'Twin Peaks,' Dies at 91". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ "Piper Laurie Biography". filmreference. 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 Richard G. Hubler (20 de xuño de 1953). "Article From Colliers Magazine". Colliers. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2009. Consultado o 26 de setembro de 2008.
- ↑ "Piper Laurie profile at Yahoo!". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2019.
- ↑ "Deseretnews.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2019.
- ↑ Daniel Bates, "Virgin starlet claims Ronald Reagan was a 'show-off' in bed after seducing her on set of 1950s film in which he played her father", The Daily Mail, 14 de novembro de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2013.
- ↑ "Playing One of the Kinkiest Villains Ever Seen on TV, Piper Laurie Reaches Another Acting Crest in Twin Peaks". Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2015.
- ↑ "The Glass Menagerie". Playbill Inc. Consultado o 30 de decembro de 2015.
- ↑ "Tinseltown Talks: Piper Laurie goes from Gipper to Carrie". Thde Oakland Press. Consultado o 31 de decembro de 2015.
- ↑ Sherrod, Kerryn. "Children Of A Lesser God". Turner Classic Movies Database. Turner Classic Movies. Consultado o 31 de decembro de 2015.
- ↑ Roberts, Jerry (5 de xuño de 2009). Encyclopedia of Television Film Directors. Laanham, Maryland: Scarecrow Books/Google Books. p. 862. ISBN 9780810861381.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piper Laurie |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Piper Laurie at Virtual History
- Interview with Piper Laurie, 25 de agosto de 2014, Classic Film & TV Cafe
- – Interview with Piper Laurie. The Spectrum, xaneiro de 2016.
- Nados en Detroit
- Nados en 1932
- Finados en 2023
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Art Students League of New York
- Estadounidenses de ascendencia rusa
- Estadounidenses de ascendencia xudeopolaca